Recentemente vimos de publicar un artigo en EDUGA (Revista Galega do Ensino) que contén unha introdución de Carles Monereo, o proemio, o marco teórico mais unha situación de aprendizaxe (titulada Influencers) que son parte dun libro titulado “Matemáticas II competenciais para o día a día na aula”.
Deseguido podes consultar outras seis situacións de aprendizaxe do antedito libro, nomeadamente:
Tempos de estudo e de lecer, e
Esperamos completar o traballo con outras situacións de aprendizaxe que xa están moi avanzadas sobre Pesca, Láser, Concerto de Taylor Swift, mais Unha obra na túa rúa, que tamén esperamos publicar tamén en EDUGA. O libro completo será publicado, tamén en aberto, no portal da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
Recomendamos encarecidamente que as persoas interesadas lean o artigo completo publicado en EDUGA, tanto o marco teórico como a primeira situación de aprendizaxe, para un mellor aproveitamento dos materiais que publicamos.
Posto que os temas que se abordan teñen moita repercusión no día a día alén dos problemas que se formulan desde as matemáticas, en cada unha das situacións de aprendizaxe propostas comezamos cun texto de estímulo escrito ad hoc por distintos especialistas. Queremos agradecerlles a Jesús Pérez Seoane, Ana Isabel García Arias, Teresa Táboas Veleiro, Santiago Lago-Peñas, Xavier Simón Fernández, Óscar García García, Laura Carballo Piñeiro, María Cristina Trillo Yáñez e Félix Quintero Martínez, Luis Costa Vázquez, e Nieves Lorenzo González as súas desinteresadas achegas que pensamos enriquecen dun xeito excepcional o traballo.
O noso agracecemento a Xosé Lois González Vázquez, “o Carrabouxo”, Luís Davila Malvido, “o Bichero”, e a Pablo Prado, “Fuco”, pola tamén desinteresada colaboración permitíndonos publicar viñetas da súa autoría como estímulos nas distintas situacións de aprendizaxe.
Iván Area, Concepción Aramburu, Mercedes Besada, Tomás Cotos, Carlos Ferreiro, Benjamín Macía e Ángel M. Rey